Autoría e dirección: Laura Porto

Axudantía de dirección: Iago Pousa

Escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: Bea de Vega

Construción: Dani Rodríguez

Vestiario e música: Amorodio Teatro

Elenco artístico: Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou... quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como

é posible que unha personaxe da prehistoria sexa tan galega coma unha do século das luces? Foi Galicia a mesma en todos os momentos da súa historia?

Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda das nosas catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través

dos seus divertidos encontros e desencontros neste alén tan axitado que, por veces , paréceselle moito ao inferno!