A compañía Redrum presenta no Teatro Municipal de Tui a comedia negra "Idiota". Escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro.

"Idiota" conta a historia dun home que se presenta a unas probas psicolóxicas remuneradas coma un xeito sinxelo de conseguir cartos. Pero o que finalmente isto convértese nunha trapa xa que as preguntas e enigmas formulados por unha atractiva psicóloga póñeno nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Machi Salgado recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego do Carballiño, e foi nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.

Autor: Jordi Casanovas

Dirección: Alex Sampayo

Elenco: Machi Salgado, Susana Sampedro

Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset

Vestiario: Guillermo Carbajo