Jordi Francés dirixirá a Real Filharmonía de Galicia o mércores 24 de maio nunha nova cita da Tempada Clásica da Obra Social de ABANCA no Teatro Afundación de Vigo. O concerto terá lugar ás 20.00 h. O programa inclúe pezas de Shostakovich, Schumann e Ligeti.