Exposición colectiva conformada por varias artistas: Mar Caldas, Andrea Costas Lago, Elena Gómez Dahlgren e Nilo Arias, tamén se exporán fotografías do alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra entre os cales están Abrahan Alonso, Aldara Vázquez, Antía Encisa, Arianne Romero, Carlainsh, Clo, Rubén Mascato, Tamara Goberna e Vilja Gunzelmann.

“Amor, xénero e outras violencias” é un conxunto de miradas e sentires a redor de diversos conceptos que histórica e culturalmente se presentan inamovibles, ou se cadra se nos inculca “como deben ser”(que é e como é o amor, como é unha muller, como é un home, que está ben e que está mal), máis cada unha destas pezas fainos reflexionar e rachar co aprendido, repensar ese todo para desfialo e construír un novo lenzo sobre o que traballar. Sen dúbida esta mostra nace para remover conciencias.

A totalidade da exposición poderá visitarse os Venres, Sábados e Domingos pola tarde de 17:00h a 20:00h e Sábados e Domingos polas mañás de 11:00h a 14:00h durante todo o mes de Novembro.