Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén.

Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade.

Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida