“Presentes” é un traballo de fin de estudos dunha alumna da especialidade de escenografía da ESAD de Galicia. É unha peza de teatro asociativo que fala do tempo como concepto, coa palabra, co obxecto, coa luz, co corpo, co son, co corazón.

É un intento de crear unha linguaxe persoal cunha gramática fundamentada na historia da escenografía e da escultura. Nada acontece máis que o discorrer simbólico por un único lugar compartido co espectador: o espazo teatral ó longo dos tempos do teatro; dende o rito ata a autofición.

É un convite a pasear xuntos, unha reivindicación da presencialidade e o encontro que o feito teatral fai posible. É un percorrido polos engrenaxes das cosmovisións de diferentes momentos sociais; épocas condicionadas por como se mide o tempo e, polo tanto, como se entende o seu descorrer: o destino irremediable, as consecuencias de cada acto, a tediosa rutina e a inmediatez cuántica.

“Presentes” xurde de dúas poderosas paixóns: a vontade de facer teatro e a necesidade de decir algo...

Ficha artística

Autoría: Ana Valebona

Coa colaboración de Jorge de Arcos e Katy S. R.