Mércores 14 e xoves 15 de outubro ás 17.00: Postaleo Mutante, obradoiro tipográfico

A idea deste obradoiro é deseñar entre todas unhas cantas postais, imprimilas, e logo de escribilas enviárllelas por correo a todas esas persoas que están agardando recibilas: presas, amigas exiliadas…

O primeiro día explicarannos brevemente as posibilidades da técnica tipográfica e mostrarannos exemplos de todo o que se pode facer e de como facelo; logo, entre todas, traballaremos o contido das postais que imos elaborar para o segundo día poñérmonos mans á obra compoñendo e imprimindo.