Carmelo Gómez e Mikhail Studyonov achégannos ao universo de Federico García Lorca da man da directora Emi Ekai. Un paseo pola súa obra partindo do persoal do poeta granadino, esa forma de entender os versos desde a liberdade, o sonambulismo, o simbolismo e a abstracción pura do surrealismo, a ausencia de lirismo emocional ou didáctico, a asunción da traxedia sen o melodrama. O piano acompaña cómplice ao narrador que encadea poemas pero, sobre todo, sentimentos. Fragmentos de voos de Federico que engarzan un poema que se abre do amor á morte, pero aí non queda iso, porque o poema tamén volve na outra dirección: da morte ao amor.