A compañía Teatro de Ramboia presenta o espectáculo "O meu mundo non é deste reino", dentro do ciclo Ponteatro 2020.

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme tutilimundi. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha Caixa de pandora latente.

A peza é unha adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio.

O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala.

Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida.