A compañía Volta e Dálle Teatro presenta o espectáculo "Falar por Falar", dentro do ciclo Ponteatro 2020.

Un actor do medio rural e un dramaturgo da contorna urbana confrontan, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega.

A través do relato autobiográfico, da escenificación satírica de episodios históricos, de cantigas medievais e pezas do repertorio folk ou rock, os actores desafían ao público a unha viaxe humorística pola realidade viva da lingua. E faise esta viaxe na procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións na busca de desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio.

O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala.

Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida.