A pandemia COVID19 fíxonos pensar na necesidade, como sociedade global, de ollarmos na nosa relación co planeta Terra. A ciencia dinos que, se non tomamos medidas activas para alterar a nosa relación co planeta, haberá inundacións, crises de refuxiados, incendios e pandemia. Cremos que a actual pandemia pode ser un chamamento a que actuemos. Pela nossa Pele é un proxecto que busca reflectir sobre o lugar onde vivimos e lembrar que somos natureza. Temos como principal obxectivo producir un video arte-danza que se relacione cos feitos, a poesía, a beleza e o horror de sermos feitos tamén de átomos e moléculas e deste xeito entender ata que punto todo está ligado - simbiose mutualista – comúns partillados entre humanos e natureza. É un proxecto non elitista de arte pública que quere abranguer persoas independentemente do seu medio financeiro, clase ou inclinación artística. Pretendemos filmar a natureza selvaxe do Coentral-Castanheira de Pêra e os corpos das bailarinas Rita Vilhena, Yael Karavan e Joana Castro en colaboración coa cineasta Francisca Manuel. Con lentes micro e macro imos filmar a pel das árbores, as veiras dos ríos, e o corpo das bailarinas, contrariando a separación existente na sociedade urbana. Queremos observar e cuestionar como nos influenciamos uns aos outros: Corpo-Terra, Terra-Corpo. Filmando os corpos danzantes en paralelo coa danza das árbores, pretendemos traer de volta á natureza para diferentes barrios de Lisboa, onde outrora existiu, e así lembrarnos que non somos independentes dela. Neste proceso exploramos a transformación do corpo feminino a fundirse coa paisaxe rural, a fronteira da performance dos corpos das mulleres e da paisaxe desaparece, evidenciando a continuidade do “estar vivo”. O movemento de transformación constante produce a vida do corpo e a morte, o movemento e a beleza dentro da escuridade. A nosa intención é producir un vídeo/filme, que terá entre 20-30 minutos, a ser proxectada nunha mancha de 10 metros nas fachadas dos edificios da cidade, visíbel a quen pasa na rúa ou fique á xanela, mais tamén en galerías e museos e nas plataformas online. Queremos devolver a presenza da natureza silvestre, a Lisboa. Somos unha equipa multidisciplinar de artistas e técnicos que parten da mesma urxencia e xuntos conseguimos garantir a produción e concepción deste proxecto para avanzar cara a mudanza que os tempos piden, facer a paisaxe da natureza o noso espello e conéctala á paisaxe do espazo urbano.

Ficha artística

Rita Vilhena, Yael Karavan, Francisca Manuel, Joana Castro e Carlota Lagido.