O 30 de xaneiro celébrase a nivel mundial o Día da PAZ. Durante a semana próxima imos conmemorar na ludoteca este día, promovendo unha cultura de non violencia e paz, educando en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e, sobre todo, o respecto aos Dereitos Humanos.

Mércores 27: VISEIRAS POLA PAZ (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).