Paulo Pascual (Theremin & teclados)

O martes 17 de maio no Mercado da Arte do Calvario, as 13:15 Paulo Pascual ( Modulador de Ondas, o único thereminista galego que ademáis ten xa un LP e un CD editado) estará tocando o seu novo material composto por pezas electrónicas experimentais e bailables, ritmos e loops xiratorios, sons ambientais, música exótica, sons retrofuturistas etc que parecen deseñados para unha sesión vermú coma esta. Neste proxecto se incorpora Pablo Muñiz cos sintetizadores.

Despois de tempo traballando dun xeito intimista con mínima instrumentación, as novas composicions desbordan, cor, vida e atmosferas. A formación é agora de dúo: Pablo Muñiz: sintetizadores, Paulo Pascual Theremin e sintetizador.