Para público familiar a partir dos 3 anos o venres, 12 de novembro, ás 19.30 h Transpediante presenta o espectáculo de danza “Nina Ninette”.

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Pero Nina estraña o seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi fácil entrar pero moi complicado saír. Será que ela o consegue?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schelemmer, na celebración do centenario desde a súa estrea en 1921, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Autoría e dirección: María Torres

Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera

Escenografía: Gonçalo Guerreiro

Música e son: Alex Salgueiro

Iluminación: Nacho Martín

Xénero: Danza infantil | Idioma: galego |Recomendada: + 3 anos | Duración: 55 minutos