Dentro da xira “Contrapunto” Tanxugueiras actuará o venres, 19 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui. Neste concerto presentas os temas do seu último traballo “Contapunto”.

Tanxugueiras son expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. Ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. O seu repertorio móvese entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.

Tanxugueiras recibiu en 2019 o Premios Martín Códax da Música ao Mellor grupo de Música tradicional e folk, e foron galardoadas co Premios MIN de la Música Independiente 2018 ao Mellor álbum galego.

Elenco: Aida Tarrío, Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Isaac Palación

Xénero: Música | Idioma: galego |Recomendada: Público adulto | Duración: 90 minutos