En breve comezamos un novo Obradoiro de Autoestima e Resolución de Conflitos. Impartirase os luns dende o 7 de xuño ata o 26 de xullo, en horario de 10h a 13h. Impartirase na Rúa Oliva nº 12, inscricións nos teléfonos 986 222 328 ou no 670 453 431. Maís info en redemediadorasvigo@gmail.com. Agardámosvos!!!

Contidos:

Identidade e mandatos de xénero.

Autocoñecemento e Autoestima.

Claves para o desenvolvemento.

Autoaceptación: Valoración das nosas experiencias.

Autoafirmación: creenzas erróneas, deberes e dereitos, valores e principios… todo a revisión.

A comunicación asertiva nas miñas relacións.

Aprender e ensinar aos demais onde están os meus límites.

Obstáculos para o cambio persoal: a culpa, a inercia e a validación dos nosos sentimentos.

Saúde e vida cotiá: autocoidado, sexualidade feminina, proxectos. Onde está o meu desexo?.

Coidar a outros, tempo e espazo persoal, amizade.