Todos os luns ás nove da mañá mostrarase na web do Museo de Pontevedra un vídeo da serie "A porta pechada" no que o persoal do Museo fai unha visita guiada a unha obra ou a unha colección exposta no edificio Castelao ou no edificio Sarmiento. Esta actividade, que se realiza nunha xornada na que o Museo está pechado ao público, pódese seguir no Facebook ou na páxina Web desta institución.

O retablo de Santa María; Epílogo, de Eliseo Meifrén; Recollendo follas, de Manuel Colmeiro; a estela de Vilar de Sarria; Virgen joven y vírgenes viejas, de Roberto González del Blanco ou a colección Sargadelos, centrarán as primeiras entregas desta nova sección.