Esta fin de semana, estará na Sala Ártika en Vigo "O home que plantaba

árbores" Unha adaptación do libro de Jean Giono realizada por Eme2

producións.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores

é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de

influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente,

para facer do lugar onde vive un lugar especial.

É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e

insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando

unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das

rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

Idades recomendada: Para todos os públicos.

Duración: 50 minutos.