Na Sede Afundación Pontevedra a rolda de prensa de presentación do encontro entre Sara Marsillas e Pura Díaz-Veiga, «O que nos ensinan as emocións para vivir mellor», que terá lugar no Café Moderno Afundación de Pontevedra ás 18.00 h.

Nel abordarán a importancia de identificar e xestionar as emocións como medio para unha mellor saúde emocional e física. Vinculada ao programa que actualmente se está desenvolvendo nos espazos +60 Afundación en colaboración con Matia Insituto, «Coñecendo as emocións», esta charla fará fincapé na relevancia dunha correcta identificación e aceptación das emocións. Con elas, na rolda de prensa, estará Sabela Couceiro Núñez, coordinadora da Área de Envellecemento Activo de Afundación.

Nos últimos anos estase constatando un incremento de atención arredor das emocións e o funcionamento emocional como obxectos de análise e debate por parte de moi diversos especialistas. E é que as emocións son parte da vida. Cambian conforme pasan os anos e axudan a transitar polas diferentes etapas vitais. A esfera emocional é clave para a saúde e benestar. Ao longo da vida, poden xogar diferentes roles e axudar de diferentes maneiras. No propio proceso de envellecemento, a esfera emocional supón un dos principais recursos para unha boa vida. E é por iso que prestar atención ao que se sente resulta tan esencial como revisar periodicamente a saúde, facer exercicio físico ou relacionarse con persoas de maneira positiva.

Neste evento conversarase sobre a importancia das emocións ao longo da vida, en especial, no envellecemento, sobre as súas funcións e o xeito de empregalas como recursos que conduzan a unha mellor calidade de vida.

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Pódese colaborar facendo unha doazón de produtos non perecedoiros no momento da entrada ao recinto nos colectores habilitados.

Asistentes

Sara Marsillas, doutora en Psicoloxía e investigadora en Matia Instituto

Pura Díaz-Viga, psicóloga e asesora para a Difusión do Coñecemento en Matia Instituto

Sabela Couceiro Núñez, coordinadora da Área de Envellecemento Activo de Afundación