Taller de Teatro Clámide

XÉNERO: Comedia clásica

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

DURACIÓN: 60 min

SINOPSE: Neste espectáculo xúntanse dous clásicos da escena teatral. Por unha banda, unha das compañías máis lonxevas de Galicia e, por outra unhas das pezas máis representativas do mestre Molière. A peza recolle as peripecias dun pai hipocondríaco, Argán, que cre que está moi enfermo e quere casar a súa filla cun médico, pero a criada en complicidade co irmán do pai, maquinará un plan para impedilo.