[CENTRO DRAMÁTICO GALEGO]

Autoría: Santiago Cortegoso

Dirección e adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso

Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”

Vestiario: Saturna

Iluminación: Salvador del Río

Espazo sonoro e música en escena: Xosé Lois Romero

Coreografía: Ezequiel Merlo

Traballo de voz: María Costas

Caracterización: Baia Fernández

Asistencia de dirección: Carmela Bueno

Asistencia de produción: Xandre Vázquez

Elenco artístico: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado

Gontad e Paulo Serantes

Versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Itaca a Galicia.

De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.

Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.