Recién chegados de gravar o seu próximo traballo nos estudios de Guitartown con Hendrik Röver, os creadores do novo estilo chamado "glues" (Galician Blues) amosarán os cartuchos sonoros nos que estiveron traballando estes últimos meses.

O Cadelo Lunático é un proxecto fundado en 2015 por Javier Prado (Moondogs Blues Party), que viña de gañar o premio Talentos EL PAÍS e quedar semifinalista no International Songwriting Competition en Nashville, entre máis de 15.000 proxectos internacionais.

Na actualidade, o proxecto ponse en marcha cun novo repertorio e coa formación composta por, Javier Prado (Moondogs Blues Party), Pedro de Gregorio (Showbiñas Experience), Jorge Arenaz (Booty Sweat) e Nico Rodríguez (Cora Velasco)