NUN é un dúo checo formado por Petr Vrba e Michal Zboil.

Armados cun bo monte de sintes, cacharrada electrónica analóxica e trompeta, NUN traen ao Liceo unha música baseada no drone que non fuxe das melodías, creando unha catedral sonora modelada a partir dunha ampla variedade de impulsos eléctricos.

Ambos músicos son imprescindibles da escena da música improvisada checa facendo parte de proxectos como a Orquestra de Improvisación de Praga ou IQ +1

NUN contan co apoio do Ministerio de Cultura da República Checa e do Centro Checo para a realización desta xira