Idades recomendada: + 15 anos

Duración: 50 min

SINOPSE:

Todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos que lle de sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio.

Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma.