A Asociación Veciñal de Teis, este xoves 28 de decembro ás 17:330 horas, no local da Asociación, organiza unha obra de teatro infantil a cargo da compañia " O Baúl da Tía Tola" e para finalizar ofrecerase chocolate quente para os nenos/as de Teis, dentro da actividade de nadal.

A compañía de teatro infantil " O Baúl da Tia Tola " , representa " Estrazalonia"

A obra teatral " Estrazalonia" pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.

A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa.

Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.

En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.

Un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o desfrute de todos os públicos en xeral.