As tradicións decorativas do Nadal son moitas pero os protagonistas indiscutibles do fogar son a árbore e o nacemento.

As súas características e evolución teñen moito que contarnos sobre o Nadal e serán punto de partida para percorrer a exposición “O Nadal na tradición”.

A actividade constará de:

Parte teórica: orixe das tradicións decorativas de Nadal.

Visita ao “O Nadal na tradición”: escolma de nacementos pertencentes a coleccións privadas e mostra fotográfica de árbores de Nadal.

Duración aproximada: 60 m.

Dirixido a: Educación Infantil e Primaria.