Lugar: Mercado de Abastos

O Grupo de Acción de Amnistía Internacional Pontevedra presenta a exposición “Mulleres en Loita” cun acto de inauguración próximo xoves 2 de marzo ás 20h no espazo gastronómico do Mercado de Abastos coa presenza de voceiras detacadas.

O grupo de Acción de Amnistía Internacional Pontevedra retoma a súa actividade na cidade coincidindo co Día Internacional da Muller do 8M.

Por elo, organiza unha exposición no Espazo Gastronómico do Mercado de Abastos de Pontevedra, na súa segunda planta. Este proxecto, denominado Mulleres en Loita, fai un repaso por diversos aspectos da situación actual da muller e o seu papel como garante dos Dereitos Humanos no mundo, xa sexa por medio do acceso á educación, a defensa dos pobos e culturas indíxenas ou a eliminación da violencia machista. A exhibición estará dispoñible para a visita dende este próximo xoves 2 de marzo ata o 31 de marzo.

No acto de inauguración da mesma tomarán parte a Concelleira de Promoción Turística e Turismo, Yoya Blanco, así como Margarita González, voceira de Amnistía Internacional Galicia en cuestións de Xénero e Pepa Vázquez, coordinadora de Boa Vida. Intervirá tamén Seny Kébé, voceiro de Amnistía Internacional para cuestións de inmigración.