Tomiño retomará este fin de semana a súa programación cultural despois do parón temporal decretado trala entrada na alerta vermella durante o pasado mes para frear a expansión da COVID-19 no municipio. A programación desenvolveráse durante o fin de semana no auditorio de Goián, cumprindo estritamente a normativa de seguiridade.

O sábado 14 o público asistente poderá desfrutar do monologuista e actor Federico Pérez, ao que coñece media Galicia por Moncho (Era Visto!) ou por Josito (Padre Casares). Federicorecoñece ter aprendido todo nas tabernas e agora considera que é hora de compartir este coñecemento co gran público levando ao escenario a súa experiencia como humorista.