Auditorio V Centenario ás 20:30 h.

A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona abriu hoxe a reserva de entradas para o espectáculo MITIC “Rock kids”, un concerto familiar de rock que chega a Baiona dentro da programación de nadal «Bai Nadal».

O universo MITIC ábrese aos máis pequenos da casa, dándolles a oportunidade de vivir un auténtico concerto de Rock, cunha misión clara de construír unha ponte imperecedero, coa mellor música da historia das lendas do rock internacional.

Un espectáculo, de continuo descubrimento para o público máis esixente, cun alto contido cultural onde coñecerán de primeira man os límites da Gaita, o instrumento que marcará a súa terra, Galicia, metido na pel de Freddie Mercury, Bon Jovi, Tina Turner, Axel Rose … A cultura e a adrenalina danse a man para gozar aprendendo en «MITIC Rock Kids».

Os maiores de 12 anos tendran que presentar o certificado Covid da Ou.E. ou PCR de 72 horas.Aos 15 minutos de empezar o concerto perderase o dereito á reserva.

A celebración do concerto está supeditado á evolución da pandemia e as medidas COVID que esten en vigor nese momento.

Xa podes reserva a túa entrada a través do seguinte enlace:

http://vivetix.com/entradas-mitic-rock-kids-en-baiona?s=link#/r4f5sm1kVH4

Realizado por: Marta González Pérez

Técnica de Comunicación

Email: gabinetedeprensa@baiona.gal