Este próximo venres 21 de outubro ás 19:00, inaugúrase unha exposición sobre a obra do ceramista contemporáneo vigués, Miguel Vázquez, que foi durante 36 anos mestre da especialidade de cerámica artística na nosa escola. Será no Espazo EMAO a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro). Esta exposición poderase visitar ata o día 23 de decembro en horario laborable de luns a venres de 19:00 a 21:00.