Martín Rodríguez, unha cara coñecida polos habituais das noites dos martes na Jam da Casa de Arriba, preséntase en esta ocasión acompañado por Juan Alonso ó contrabaixo e Juan Guerrero á batería. Os tres traerán un concerto de trío de piano no que se interpretarán temas e arranxos de pianistas como Herbie Hancock, McCoy Tyner ou Ahmad Jamal.
