Lugar:

Sala de Exposicións Municipal

A exposición "De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d" pode visitarse até o 10 de febreiro na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia.

As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.

A exposición presenta unha trintena de imaxes en tres dimensións do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra e Muxía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato.