Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas.

A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia da compañía Magia en la manga que se basea en promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo. Sara Rodríguez e Carlos Tomico realizan misterios e imposibles, viaxes e transformacións inexplicables, nunha posta en escena divertida e máxica.

Data: Venres 3 de marzo

Hora: 19.30 h

Compañía: Magia en la manga.

Dirección, son e iluminación: Magia en la manga.

Coprodución: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Elenco: Sara Rodríguez e Carlos Tomico.

Xénero: Maxia.

Duración: 60’

Público: +5