Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min

SINOPSE:

A peza enmárcase no contexto Canchales; unha iniciativa de investigación escénica promovida en 2016 pola Compañía Ensalle, na cal, convídase a creadores da escena contemporánea a participar dos nosos procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e profundar en ideas desde distintas perspectivas. Neste caso a colaboración está a realizarse con Terrorismo de autor e Antoine Forgeron (Canchal VI), Terrorismo de autor (Canchal VI.2) e Sergi Fäustino (Canchal VII).

Bestia é a palabra chave da peza. A Bestia política e económica, a Bestia social, o que deixou a Bestia nos nosos corpos, a miña propia Bestia. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á Bestia, como podemos destruír a evidencia.

Bailar a golpes, militar palabras, a acción como rastro do posible, camiñar igual de fronte que de costas, aullar. Pequenas revelacións ou presentimentos.

As entradas para o espectáculo "ANTES DE QUE LLEGUE LA BESTIA - CIA. ENSALLE" na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.

FICHA ARTÍSTICA

Con Raquel Hernández, Artús Rei y Pedro Fresneda

Dirección e texto: Pedro Fresneda

Deseño de Iluminación y espacio escénico: Pedro Fresneda

Material audiovisual: Terrorismo de autor

Fotografía: Bieito Rei