MADALENA GAMALHO, vocalista e compositora, cunha especial conexión co mundo lusófono, empeza o seu percurso musical no 2015, en bandas como Nota Bene e Os Meninos. Actualmente é unha das vocalistas da banda jazz folk Laroá. Agora presenta o su álbum debut, INVENTO con dez canciones: seis de autoría propia, tres poemas musicalizados e unha versión da canción Teresa Torga de José Afonso. Un proxecto que integra letras e melodías que convidan a conmover, conectar e reflexionar sobre o ser, a vida e as súas contradicións, dentro dun universo de sons moi ecléctico e atrevido, que recibe influencias de pop, rock, funk e world music. Este 24 de xullo presentará no Deilán praia algunhas das cancións que recolle este álbum, en versión acústica, acompañada do guitarrista Iván Barreiro, produtor musical de INVENTO.
