Ai, por favor! Por fin! Chegou o día!

Un concertiño como dios manda, coa xentiña de pé, rodeando o grupo e movendo a cinturiña.

Xs encargadxs de facernos bailar serán nada menos que Kokoshca, que van andar por Gallaecia presentando o seu último disco e descargarán en Mollabao o seu pop centelleante, máis xoguetón e optimista que nunca.

Dios, como vai molar!!

Voltamos ó sistema prepandémico de entradas: na porta antes do concerto por orde de chegada e sen reservas previas.

Apertura de portas: 20.30

Concerto: 21.00

Prégase ás persoas asistentes que manteñan unha actitude respetuosa e colaborativa co obxectivo de seguir facendo do Liceo Mutante un espazo libre e seguro.

(Foto de Kokoshca por Elisa Fernández)