Borja Ytuquepintas (Barcelona) presenta o espectáculo "Jojo", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Jojo, é o nome do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio e que significou o inicio do proxecto Animal Rescue, unha organización Non Gubernamental que loita por salvar animais en catividade e rehabilitalos no seu medio natural.

O espectáculo conta a historia de Jojo. Actualmente Jojo aínda vive e é un gran orangután macho.

Unha fermosa proposta escénica de poesía visual sen texto usando a area e manipulación de títeres con música en directo.

Teatro visual, arte con area e monicreques e música en directo

Duración: 55 minutos

Público: +7 anos

Dous pases: 12:00 e 18:30 h.