Mañá mercores, 11 de novembro, ás 11 h terá lugar na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, a inauguración da exposición fotográfica "Fillos do Océano" de Javier Teniente. A mostra, que se poderá visitar ata o día 6 de decembro en Tui, enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación.

Na apertura da mostra estarán o alcalde, Enrique Cabaleiro González; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla; a responsable Zona Condado Baixo Miño de ABANCA, Ángela Rodríguez Miguens; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da oficina de ABANCA da rúa Augusto González Besada de Tui, Noelia Vaqueiro.

A sala de exposicións municipal conta con protocolo de prevención e todas as medidas de seguridade ante a actual situación de pandemia.