A que será a terceira edición leva por título "Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia" e terá lugar os xoves 22, 29 de abril e 6 de maio de 16:30 a 20:00 h. a través do Campus Remoto.

Contará con 150 prazas e as inscricións, de balde, xa están abertas en salondolibro.gal e para a comunidade docente, a través do CFR.

Jordi Sierra, Fran Alonso, Jaume Centelles, Mar Benegas, os proxectos Bubisher, Libros que Unen ou Contos dende Medellín formarán parte desta edición que pechará Luz Gallego "Nenuca" de Seijas.

Presenta e modera: Chus Gomez

16.30 h: Mar Benegas. Agochar a chave que sangra: tabú e censura na LIX

17.15 h: Luz Beloso. Lecturas ilustradas

18.15 h: Hematocrítico. Escribir é divertido

19.00 h: Freddy Gonçalves. Falar de adolescencia(s)

Se es profesorado en activo do ensino público e concertado debes matricularte a través do CFR co código P20140001

O resto das persoas interesadas deben inscribirse a través do formulario.

O curso acredita 10 horas de formación: para o profesorado que se matricule polo CFR é este organismo quen certifica e, para o resto, a Universidade de Vigo.

Podedes descargar o programa aquí.