A que será a terceira edición leva por título "Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia" e terá lugar os xoves 22, 29 de abril e 6 de maio de 16:30 a 20:00 h. a través do Campus Remoto.

Contará con 150 prazas e as inscricións, de balde, xa están abertas en salondolibro.gal e para a comunidade docente, a través do CFR.

Jordi Sierra, Fran Alonso, Jaume Centelles, Mar Benegas, os proxectos Bubisher, Libros que Unen ou Contos dende Medellín formarán parte desta edición que pechará Luz Gallego "Nenuca" de Seijas.

Xoves 22 de abril

Presenta e modera: Tamara Andrés

16.30 h: Inauguración do congreso: Carme Fouces, Concelleira de Cultura de Pontevedra e Jorge Soto, Vicerreitor do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo)

16.45 h: Jaume Centelles. A lectura (tamén) cura

17.30 h: Charo Pita. Abrazar coas palabras: lectura expresiva e en voz alta

18.30 h: MUVI, Galo Martínez e Luz Castro. Videoxogos: manual de instrucións

19.15 h: Fran Alonso. Como transmitir a poesía infantil e xuvenil

Se es profesorado en activo do ensino público e concertado debes matricularte a través do CFR co código P20140001

O resto das persoas interesadas deben inscribirse a través do formulario.

O curso acredita 10 horas de formación: para o profesorado que se matricule polo CFR é este organismo quen certifica e, para o resto, a Universidade de Vigo.

Podedes descargar o programa aquí.