Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos anos 70 e ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive tras case 25 anos de crise permanente. Pero aparece Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora, que dá a volta a esta relación.

Rock and Roll, humor negro e crítica social mestúranse en Smoke on the water, da compañía Ibuprofeno Teatro.

Data: Venres, 3 de marzo

Hora: 21.30 h

Compañía: Ibuprofeno Teatro.

Dirección: Santiago Cortegoso.

Coprodución: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Son: Mon Orencio.

Iluminación: Salvador del Río.

Elenco: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas, Mon Orencio.

Xénero: Teatro.

Duración: 85’

Público: +14