O Parque Forestal de Beade acolle a primera edición do Torneo de Petanca ACDC, unha competición deste clásico deporte organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais en colaboración coa Federación Galega de Petanca.

32 tripletas formadas por equipos de toda Galicia participarán no Torneo, que ten como obxectivo dinamizar o entorno sen igual do monte de Beade ao longo desde as 10:00 do 12 de xuño. Ao final da xornada, farase entrega dos premios aos gañadores de cada categoría.