Presenta: Cristina Fernández González

Invitado: Emilio Fernández

(Catedrático en Ecoloxía – UVIGO)

Aprender do pasado contribúe a unha mellor adaptación ao futuro. Hoxe en día, o concepto de cambio climático está profundamente arraigado na nosa sociedade, así e todo, como sabemos que o clima está a cambiar se só temos datos instrumentais dos últimos 100 anos? Neste documental, os investigadores da Universidade de Zaragoza farán unha viaxe a lagos illados, antigos bosques e glaciares remotos, perseguindo as evidencias que nos permiten inferir como foron as condicións climáticas pasadas.