Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO "MICROSPECTIVAS DUN MARICA MILLENNIAL - INCENDIARIA" o venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xuño de 2021 na Sala Ártika.

SINOPSE:

Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO "MICROSPECTIVAS DUN MARICA MILLENNIAL - INCENDIARIA" na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.