Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 50 min

Entradas para ARTIKLOWN! I FESTIVAL DE CIRCO Á ESCENA "ONLY CUCKO – FILIS TEATRO" (EXTREMADURA) o venres 07, sábado 08 e domingo 09 de maio de 2021 na Sala Ártika.

SINOPSE:

Benvidos ao teatro: senta e déixate levar. Este espectáculo comeza co nacemento dun pallaso. A palabra desaparece, a emoción e a improvisación convértense na linguaxe principal e, o tempo, transfórmase na urxencia por vivir. Cucko, só quere xogar, aprender, experimentar, fracasar… e, sobre todo, divertirse cun público que esqueceu que é iso de rir coma nenos. A risa é efémera e por iso a desexamos con tanta forza. Comeza o espectáculo!