O luns 11 de outubro, o Teatro Principal de Pontevedra acolle ás 20:30 horas, a proxección do filme Hotel by the river (O hotel á beira do río), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Hong Sang-soo, 2018, 96 min., Corea do Sur, VOSE

Lingua orixinal: coreano

Sesión en colaboración coa Filmoteca de Galicia

Un poeta que se hospeda nun hotel á beira dun río convoca os seus dous fillos, cos que non se reúne dende hai tempo. Esta súbita decisión parece estar motivada pola súa estraña impresión de que vai morrer en calquera momento.

Mentres a familia tenta poñerse ao día, unha moza que foi enganada pola parella múdase ao hotel. Sumidos na desesperación, unha repentina nevada mestura ambas historias.

Mellor Actor no Festival de Locarno / Mellor Película, Mellor Guión e Mellor Actor no Festival Internacional de Cine de Xixón.