Que pasaría se un feitizo transportara a un príncipe e a unha princesa aos nosos días? E se a única persoa que puidese salvalos fose un escritor de novela negra que detesta os finais felices? E se a heroína do conto fose a princesa?

Un musical creado con cancións orixinais de Víctor Lucas, que narra a historia dun escritor de novela negra en plena crisis creativa e persoal que é incapaz de atopar o final perfecto para a súa novela, ata que chega as súas mans un libro encantado do que xorden un príncipe e unha princesa aos que un malvado feiticeiro arrebatoulles o seu final feliz.

Serán capaces de subsistir no caos da nosa era, de asimilar a tecnoloxía e de sobrevivir ao estrés da nosa época? Un espectáculo que interactuando co público a través de sorpresas, maxia e humor axudaranos a romper cos estereotipos de xénero dos contos clásicos e a crear o noso propio final feliz.