GREENWATER é unha banda formada por músicos vigueses amplamente rodados noutras bandas que decidiron axuntar a súa experiencia e gustos musicais para conseguir un son limpo e puramente americano, creando un autentico “Revival” da mítica banda de rock “CreedenceClearwater Revival”.

Para iso contan con Paco Araújo (batería e voz), Alberto Lopo (baixo e voz), David A. F. Lemos (guitarra solista) e David Seco (voz solista e guitarra) cuxa forza vocal e acompañada polos impresionantes coros de Lopo e Araujo lembra ao mítico líder “da Creedence” John Fogerty.

Sen dúbida logran envolver coa súa calidade de directo a quen os ve, trasladándoos aos mellores días da banda americana, tocando cancións tan míticas como “Have You Ever Seen the Rain”, “Proud Mary”, “Born on the Bayou”, “Fortunate Son”, “Susie Q” ou “Travelling Band” entre moitas outras. É por iso que goza do mellor recoñecemento que o público lles pode brindar, demostrando un hasistencia ampla e crecente desde o primeiro día.

Greenwater cos seus directos realmente consegue facer brotar as sementes plantadas “pola Creedence” dunha influencia case universal sobre o mundo do rock, cun estilo musical que combina o rock and roll con outros xéneros tales como o blues, o gospel, o country e o swamp rock.