Idades recomendada: Público familiar
Duración: 45 min
Idioma: Galego
Sinopse:
A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do
Ziscornio o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos.
Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!!
Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase... Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado. A gran viaxe é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.