Anónimo IV é un podcast sobre musicoloxía e investigación musical realizado en Galicia por Erea Carbajales, Brais González e múltiples colaboradores. Anónimo IV trata de ser un espazo de divulgación musical que se achega a xente dende o eido da musicoloxía e a investigación rigurosa dun xeito o máis ameno posible.

Coa vontade de construir unha mesa redonda de análise e debate sobre:

A BSO NO CINEMA FANTÁSTICO E DE TERROR: Características e instrumentación propias do xénero. Evolución das BSOs fantásticas a través das décadas. Situación en Galicia.

O FENÓMENO FAN NAS BANDAS SONORAS: A BSO como producto e elemento de mercado.

EPIC MUSIC: Desenvolvemento e evolución da Epic Music, xénero moi ligado ó cinema fantástico, dende Wagner a "Lord of the Rings".

GRANDES FREAKS: Achegamentos ao xénero por parte dos grandes compositores de bandas sonoras.

VIDEOXOGOS, ¿UNHA NOVA FRONTEIRA?: Reflexión e debate sobre cómo os videoxogos supoñen unha nova forma de expresión musical para os compositores.

Esta mesa estará dirixida e moderada por Erea Carbajales e Brais González.

E como convidados: Nani García, Nico Casal e Conrado Xalabarder.